Detalls del llibre
No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos ?e mesmo inéditos? do noso pasado colectivo.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788491210016
- ISBN10 8491210016
- Pàgines 408
- Any Edició 2016
- Fecha de publicación 01/04/2016
- Idioma Gallec
- Alto 220 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 600 g
Ressenyes i valoracions
Historia das historias de Galicia (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2016)
- 9788491210016



