Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Historia da Literatura Galega III
Historia da Literatura Galega III

Detalls del llibre

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume ?Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)? e polo segundo ?Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)?, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 ?data da fundación das Irmandades da Fala? e xullo de 1936 ?momento en que deu inicio a Guerra Civil española?. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso ?a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro? non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco. Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante ?en interacción continua? da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.
Llegir més

  • Enquadernació Butxaca
  • ISBN13 9788491211075
  • ISBN10 8491211071
  • Pàgines 520
  • Any Edició 2016
  • Fecha de publicación 13/10/2016
  • Idioma Gallec
  • Alto 240 mm
  • Ancho 170 mm
  • Peso 880 g
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Historia da Literatura Galega III?

Historia da Literatura Galega III

Historia da Literatura Galega III (Gallec)

28,97€ 30,50€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
28,97€ 30,50€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp