Detalls del llibre
Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un farsante: ?hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro?, segundo o Diccionario Xerais de sinónimos. Feijoo manifestaba: ?No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia?. Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita. Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourense cualificaba como ?letal? a posibilidade dun pacto cono Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque ?garantiza la estabilidad?. Feijoo é un ?marxista? (de Groucho Marx) convencido: ?Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros?. O libro pode ser útil para coñecer as ?amizades perigosas? de Feijoo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno. Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, así de claro.
Llegir més - Autor/a MANUEL MONGE GONZALEZ
- ISBN13 9788484876465
- ISBN10 8484876462
- Pàgines 3
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 09/07/2023
- Idioma Gallec
- Rang Edat d'interès, anys Des de 16
Ressenyes i valoracions
Feijóo. Biografía dun farsante (Gallec)
- De
- MANUEL MONGE GONZALEZ
- |
- LAIOVENTO (2023)
- 9788484876465



