Detalls del llibre
A crise financeira, transformada rapidamente en crise económica, social e política, aviveceu a crítica da desigualdade económica e a denuncia dunha pequena minoría de empresarios e políticos que goberna a sociedade ao servizo dos seus intereses, unha casta enfrontada á maioría social. É posíbel comprender a sociedade ignorando os conceptos de poder, xerarquía e clase social? Existe, aínda, a loita de clases? Quén leva a ini- ciativa, a minoría poderosa ou a maioría subalterna? Este texto describe as clases sociais tal como se configuran na primeira década do século XXI. Unha nova clase, a clase corporativa internacional, desenvolve, desde hai 40 anos, unha organizada, intelixente e teimuda ofensiva para aumentar a súa riqueza e poder e eliminar as conquistas históricas das clases traballadoras, da gran maioría social. O resultado desta ofensiva é un enorme aumento da desigualdade na distribución da renda e a riqueza e un extraordinario ascenso da concen- tración do poder económico e político, paralelo ao aumento da pobreza, a exclusión social e a precariedade. Un percorrido desde o cume do poder económico e político até as vidas precarias de millóns de traballadoras e traballadores.
Llegir més - Autor/a Xabier Pérez Davila
- ISBN13 9788484873105
- ISBN10 8484873102
- Pàgines 1
- Any Edició 2016
- Fecha de publicación 02/03/2016
- Idioma Gallec
- Rang Edat d'interès, anys Des de 16
Ressenyes i valoracions
Alén da casta. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI (Gallec)
- De
- Xabier Pérez Davila
- |
- LAIOVENTO (2016)
- 9788484873105



