Detalls del llibre
Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derrogación da Lei de Normalización Lingüística, en nome da liberdade, se pretende revogar o decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, ou mesmo se propón lexislar para protexer o castelán fronte á imposición das outras linguas españolas, este libro da profesora María Pilar Freitas Juvino, ven a demostrar que se houbo unha lingua reprimida e perseguida en Galicia esta foi o galego. A represión lingüística en Galiza no século XX sitúase no contexto do contacto, substitución e morte de linguas como resultado, na maioría dos casos, dun proceso de imperialismo lingüístico. Fronte a isto, deféndese o ecoloxismo das linguas como unha caracterización arrequecedora, inherente ao ser humano e necesaria para a súa supervivencia. Neste libro realízase unha exhaustiva análise das innúmeras agresións sufridas pola lingua galega ao longo do século XX, desde a lexislación emanada polo poder para lograr a imposición do castelán en todo o territorio nacional, ata o desmantelamento de institucións culturais, a persecución dos galeguistas ou a desprezo e a burla sufrida polos galegofalantes. Ademais, analízase a actitude de institucións como a Real Acaemia Galega ou a Igrexa con respecto da lingua de Galicia. Finalmente, investígase acerca de como esta realidade sociolingüística se viu plasmada na literatura galega, pois a literatura funciona como un espello no que se reflicte, non só a persecución e o desprezo ao galego, senón o complexo de inferioridade que estas actitudes prexuizosas xeraron na sociedade.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788497826938
- ISBN10 8497826930
- Pàgines 864
- Any Edició 2008
- Fecha de publicación 18/04/2008
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 840 g
Ressenyes i valoracions
A represión lingüística en Galiza no século XX (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2008)
- 9788497826938



