Detalles del libro
Un fillo escríbelle unha longa carta á súa nai, que non sabe ler. A carta é en realidade un exame de conciencia, un repaso aos elementos clave que foron conformando a súa identidade como fillo dunha familia de vietnamitas que fuxiu do seu país rumbo aos Estados Unidos e como mozo que descobre e asume a súa homosexualidade.Esta novela é asemade un testemuño do amor tenso pero innegable entre unha nai solteira e o seu fillo, e unha exploración brutalmente honesta da raza, a clase, a sexualidade e a masculinidade.Somos un pestanexo radiante na Terra trata tanto do poder de contar a propia historia como do silencio devastador de non ser escoitado. Con asombrosa urxencia e elegancia, Ocean Vuong escribe sobre persoas atrapadas entre mundos dispares e pregunta como podemos sandarnos e rescatarnos entre nós sen abandonar quen somos. A cuestión de como sobrevivir e como facer diso unha especie de alegría impulsa a novela debut máis importante en moitos anos.
Leer más - Encuadernación Tapa blanda
- Autor/es Vuong, Ocean
- ISBN13 9788419754387
- ISBN10 8419754382
- Páginas 240
- Año de Edición 2024
Reseñas y valoraciones
SOMOS UN PESTANEXO RADIANTE NA TERRA
- De
- Ocean Vuong
- |
- Hércules (2024)
- 9788419754387



