Detalles del libro
Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade.E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos QR que remiten ás voces das e dos poetas e á súa imaxe ou ás súas cancións.A poesía pode lerse nun libro ou na letra dunha canción, pode escoitarse nun recital, nun concerto de rock ou enviarse por Whatsapp, porque a poesía non é unha materia para aprender senón unha ollada distinta, libre e moi rebelde, sobre o mundo.Con «Poetízate» propoñémosche unha viaxe, de Rosalía de Castro ás poetas novas, a través dos poemas máis próximos e simpáticos da poesía galega. Así que non o dubides: poetízate.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es García Alonso, Francisco
- ISBN13 9788411105132
- ISBN10 841110513X
- Páginas 224
- Año de Edición 2024
Reseñas y valoraciones
POETIZATE
Antoloxía da poesía galega
Leer más - De
- Francisco García Alonso
- |
- Edicións Xerais (2024)
- 9788411105132



