Detalles del libro
Por medio de tres fotografías e varios documentos autobiográficos que caen en mans do narrador, revélansenos algúns episodios da infancia e da mocidade de Yozo Oba, un inadaptado nato, benxamín dunha podente familia de provincias que cuestiona, desde a máis tenra idade, a hipocrisía, as incongruencias e todo o negativo que para el a humanidade comporta. Na súa incapacidade de comprender os demais, a única forma de se manter incólume é adaptar o papel dun bufón que busca a gargallada fácil de quen o rodea. Na adolescencia, un compañeiro de escola pon ao descuberto a súa farsa e fai dous vaticinios que marcarán a súa vida dun modo aciago. Pouco despois, o protagonista múdase a Toquio para proseguir os seus estudos, onde, traizoará as expectativas paternas e caerá nunha espiral de alcol, mulleres e comportamentos destrutivos. A gran novela de Osamu Dazai (1909-1948), un dos máis relevantes escritores da literatura xaponesa da primeira metade do século XX, malia a súa curta e azarosa vida.
Leer más - Autor/es Dazai, Osamu
- ISBN13 9788411764919
- ISBN10 8411764915
- Páginas 116
- Año de Edición 2025
Reseñas y valoraciones
MENOS QUE HUMANO
- De
- Osamu Dazai
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411764919



