Detalles del libro
Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX.A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e inmorais naquel intre, coma o adulterio e o desexo feminino.Á parte de cuestionar o modelo do matrimonio convencional e explorar os temas do amor, a liberdade e a emancipación feminina, George Sand ofrece un estudo da sociedade e os costumes da súa época, ademais de retratar o contexto histórico e político da convulsa Francia do momento, que combina cunha intriga sentimental. O seu estilo recorre a unha linguaxe poética na descrición das paisaxes e as emocións, ademais de dotar os personaxes de gran profundidade psicolóxica.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Aurore Dupin, Amantine
- ISBN13 9788411764179
- ISBN10 8411764176
- Páginas 344
- Año de Edición 2025
Reseñas y valoraciones
INDIANA
- De
- Amantine Aurore Dupin
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411764179



