Detalles del libro
Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan.Mentres tanto, no territorio paralelo e anónimo da Rede, Dipnoi e LadyFolerpa manteñen unha relación intensa e profunda. Agochados tras a pantalla si son capaces de abrir a alma. O que non sospeitan é que, ao outro lado, se agocha alguén moito máis próximo do que imaxinan.Unha historia sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente, sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan, ou nos poden salvar.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Canosa Blanco, María
- ISBN13 9788411107624
- ISBN10 8411107620
- Páginas 160
- Año de Edición 2026
Reseñas y valoraciones
DIPNOI
- De
- María Canosa Blanco
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788411107624



