Detalles del libro
Nos estudos de comunicación intercultural deféndese que malia a aparente liberdade de expresión que teñen os falantes para se comunicar na súa lingua, as diversas culturas ?mecanismos de control subconsciente? parecen ir moldeando a fala das sociedades ata o punto de lles imprimir un estilo comunicativo propio. Este libro céntrase principalmente na análise de tres características discursivas existentes en todas as linguas: a indireccionalidade, a atenuación e a evidencialidade, ás que lles sumamos a retranca. Preténdese poñer en relación estes catro trazos lingüísticos coa imaxe estereotipada -proveniente do exterior- do estilo comunicativo galego e, asemade, tentarase demostrar que esta imaxe está fondamente distorsionada polo prisma dende onde somos observados. A distorsión evidénciase ó comprobar que moitos outros grupos culturais integran as tres primeiras características discursivas como parte das súas prácticas comunicativas sen recibir as connotacións estereotipadas que se lle atribúen ó falante galego. Veremos que o amplo mapa das culturas deixa transparentar múltiples modos comunicativos transmitindo cada un deles unha forma de concibir a comunicación e as relacións humanas.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es GONZALEZ VAZQUEZ, MERCEDES
- ISBN13 9788481589658
- ISBN10 8481589659
- Páginas 151
- Año de Edición 2023
Reseñas y valoraciones
DA INDIRECCIONALIDADE A RETRANCA
Análise das características lingüísticas asociadas á imaxe estereotipada do falante galego
Leer más - De
- MERCEDES GONZALEZ VAZQUEZ
- |
- UNIV. DE VIGO (2023)
- 9788481589658



