Detalles del libro
?? e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de ?conecta co íntimo?. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquistas, oxalá eles toquen a alegrías e así vaian a menos as indiferencias, e se marquen espazos sentidos de emocións. Que ben así, dar o paso de tentar o ando do traxecto polos poemas. Canta ilusión en apañar bo rianxo e levalo ao directo, activado, a poder ser aprendendo e soñando ti e vós os meus e nosos soños ( os rotos tamén) e tratar así de irmos a algún lado, pois a poesía quere que vaiamos a ela todos os días e logo que viaxemos onde nos pete e poidamos. Volvámonos formigas de formigas. Non camiñemos levados polos silencios. Afloremos os desexos ocultos. Fagamos vida da vida ( e para ela).Recuperemos nos versos , se for o caso, e pola lectura, máis fíos para nos encantamentos obrar de mellor gusto. Velaí este ?conecta co íntimo?, poesía que volve, palabra a camiñar, un anaco de relación diso (e niso) que chamamos vida.?
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Otero Fernandez, David
- ISBN13 9788484877318
- ISBN10 8484877310
- Páginas 82
- Año de Edición 2025
Reseñas y valoraciones
CONECTA CO INTIMO
- De
- David Otero Fernandez
- |
- LAIOVENTO (2025)
- 9788484877318



