Detalles del libro
Philippe Meirieu é unha das personalidades máis destacadas da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación. Recoñecido polos seus textos e intervencións públicas en favor dunha visión progresista da escola e da educación, nesta ?Carta a un profesor mozo? reflexiona sobre o oficio dos profesores na actual sociedade e aborda cuestións da formación deste gremio nas súas diversas vertentes: deontoloxía, ética, desenvolvemento cultural e didáctico, claves cidadás... Redactouna en 2005, recén chegado ao cargo de director do Instituto Universitario de Formation de Maîtres de Lyon. Trátase dun ensaio para o profesorado máis novo con indicacións que van dende a acción docente entendida como parte de proxectos conxuntos a escala de centros, ata a existencia de proxectos de centro enfocados ao alumnado, pasando pola convición de que a educación debe ser inclusiva, consideracións sobre as avaliacións, a necesidade de traballar con esixencia, ou o funcionamento das escolas como institucións abertas á cidadanía.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Meirieu, Philippe
- ISBN13 9788484643272
- ISBN10 8484643271
- Páginas 144
- Año de Edición 2017
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Carta a un profesor mozo (Gallego)
- De
- Philippe Meirieu
- |
- Kalandraka Editora (2017)
- 9788484643272
- Saga BIBLIOTECA DE PEDAGOXIA



