Detalles del libro
A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun ?modelo occidental? da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.Este libro analiza como se ?racionaliza? a guerra, defendendo a existenciadunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón unincremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha ?guerra hixiénica?, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.Neste libro analízase a ?guerra vivida?, non só a pensada, na perspectivaque defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicíaque o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Bermejo Barrera, José Carlos
- ISBN13 9788484877271
- ISBN10 8484877272
- Páginas 204
- Año de Edición 2025
Reseñas y valoraciones
AS GUERRAS
- De
- José Carlos Bermejo Barrera
- |
- LAIOVENTO (2025)
- 9788484877271



