Detalles del libro
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela?, son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente. A lagoa das rapazas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.
Leer más - Encuadernación Tapa dura
- Autor/es Casalderrey, Fina
- ISBN13 9788497825214
- ISBN10 8497825217
- Páginas 128
- Año de Edición 2007
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
A lagoa das nenas mudas (Gallego)
- De
- Fina Casalderrey
- |
- Edicións Xerais (2007)
- 9788497825214



