Book Details
Washington Square publicouse por primeira vez por entregas na revista inglesa Cornhill (xuño-novembro de 1880) e como novela en decembro dese mesmo ano. A obra, protagonizada por unha ?fea e parva? Catherine (en palabras da protagonista), afonda nas relacións familiares dunha rica vinculeira cando o atractivo Morris Townsend pousa os seus ollos nela con intencións matrimoniais. O doutor Sloper, epítome do concepto de patriarcado, intenta protexela nun precario equilibrio entre o amor paterno-filial e a misoxinia. Con todo, a ?vulgar? e ?pouco interesante? Catherine é quen de erguerse, entre todas as demais personaxes, nun case heroico acto de rebeldía feminina disposta a pagar un alto prezo pola súa liberdade e por salvagardar a dignidade.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s James, Henry
- ISBN13 9788411764056
- ISBN10 8411764052
- Pages 236
- Published 2025
Reviews and ratings
WASHINGTON SQUARE
- By
- Henry James
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411764056



