Book Details
No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil e a cidade estase preparando para a acollida dos Xogos Olímpicos en 2016. Nese momento en que semella que prevalece a sensación dun tempo de esperanza, de autoestima e de felicidade social, Júlia, arquitecta, é vítima dunha brutal violación nun miradoiro do Río coñecido como Vista Chinesa.A protagonista, con intención de explicarlles á súa filla e ao seu fillo esta terrible situación vivida, crea un relato onde o tratamento do feito traumático está narrado cunha extremada delicadeza, poñendo o acento non tanto no atroz acto da propia violación como nas súas consecuencias, na profundidade da dor, nas súas dificultades por racionalizar o noxo que sente tras ser violada, no humillante e inxusto sentimento de culpa, na reacción das persoas máis próximas e tamén no trato desleixado por parte da Policía.Baseándose en feitos reais, Tatiana Salem Levy ofrécenos en «Vista Chinesa» unha excelente novela de sensibilidade e óptica feminista que dá voz a unha supervivente da violencia sexual. Unha obra ousada e audaz escrita cunha forza sobrecolledora.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s SALEM LEVI, TATIANA
- ISBN13 9788411107174
- ISBN10 8411107175
- Pages 128
- Published 2025
Reviews and ratings
VISTA CHINESA
- By
- TATIANA SALEM LEVI
- |
- Edicións Xerais (2025)
- 9788411107174



