Book Details
"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica.Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomedia de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s de Toro, Suso
- ISBN13 9788411102865
- ISBN10 8411102866
- Pages 112
- Published 2023
- Language Galician
Reviews and ratings
UNHA ROSA E UNHA ROSA (Galician)
- By
- Suso de Toro
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411102865
- Series EDICION LITERARIA - ALTERNATIVAS - TEATR



