Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero

Book Details

Agrándanse, co paso do tempo, a personalidade e a obra de toda unha vida de RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990). Non as cualificaremos como irrepetíbeis, mais si, desde logo, como irrepetidas até o presente. Varias circunstancias invulgares concorren para xustificarmos tal afirmación. Leitor precoz desde moi neno, axiña esta dedicación leitora ha de se converter en vocación escritora e, así, de moi cedo van datar as súas primeiras incursións poéticas. Bacharel aos quince anos, tenos aínda cando accede ás aulas da Facultade de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Coñecida a súa traxectoria, ao longo de nada menos que cincuenta anos, desde o inicio da década dos cuarenta até o momento mesmo do seu falecemento, tal semella que a tormenta e o tormento da guerra civil española, o seu desenlace, funcionasen á maneira dunha especie de catarse ascética ou ascetismo catártico que o fortificase de por vida para todo o que, non leve, precisamente, lle restaba por experimentar. Nas décadas seguintes, foi a súa unha actividade incesante na investigación literaria, nos estudos gramaticais e lingüísticos, na crítica, no traballo de campo e na análise literaria e historiográfica, para alén de non abandonar nunca o cultivo da convencionalmente chamada literatura de creación, que serviu igualmente en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro. Esta edición de textos & x02013;homenaxe no centenario do seu nacemento& x02013; recolle unha pequena antoloxía significativa do traballo do maior e mellor polígrafo da súa xeración, con achegas fundamentais para o estudo das nosas letras, tanto polo seu rigor canto pola súa vixencia.
Read more

  • Binding Soft cover
  • Author/s Garcia Negro, Maria Pilar
  • ISBN13 9788484871958
  • ISBN10 8484871959
  • Pages 258
  • Published 2007
  • Language Galician
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read Ricardo Carvalho Calero?

Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero (Galician)

A ciencia ao servizo da nación
Read more
18,95€ 19,95€ -5%
Shipping Free
Agotado temporalmente
18,95€ 19,95€ -5%
Shipping Free
Agotado temporalmente
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp