Book Details
A ratiña sae da casa, apurada, a mercar comida e choca con alguén, no tumulto do mercado. De súpeto decátase de que lle roubaron a carteira e vai correndo a perseguir o culpable. A partir deste intre comeza unha disparatada historia na que as cousas non son mesmo o que semellan ser.A desconfianza é un sentimento de dúbida que xera pensamentos negativos e fainos ver persoas deshonestas ao noso ao redor.Con frecuencia, na infancia escóitanse mensaxes de intolerancia, opinións ou críticas que fan sentir confundidos aos cativos ou mudan o seu sentido da realidade, tamén as présas ou o xeito de vida pode facer xerar desconfianza. Aprender a confiar é indispensable para ter unha mente sa e relacións satisfactorias. Xulgar desde os feitos, atender ao que outras persoas teñen que dicir e observar a realidade sen estar á defensiva, é clave para un bo desenvolvemento. Pero este conto tamén nos ensina que o erro pode ser unha ferramenta que pode modificar unha actitude, unha oportunidade motivadora para aprender e provocar gratitude.A ilustradora, Graziella Troncatti, á marxe de respectar a intención da autora do texto, desenvolve e enriquece a historia desde as imaxes, estimulando así a sensibilidade visual dos lectores para ampliar o significado do relato.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s SANCHEZ VARELA, EMMA
- ISBN13 9788498717259
- ISBN10 8498717256
- Pages 36
- Published 2024
Reviews and ratings
QUE ROUBO MAIS BOUBO
- By
- EMMA SANCHEZ VARELA
- |
- OQO Editora (2024)
- 9788498717259



