Book Details
Un libro con lapelas e páxinas despregables para descubrir a maxia da Lúa da man de Eric Carle.
Mónica soñaba con xogar coa Lúa e, por iso, pediulle ao seu pai que lla baixase do ceo. El buscou unha escada enorme e gabeou ata alcanzala, mais a Lúa resultou ser demasiado grande. Con todo, ela prometeulle que cada noite iría encolléndose máis e máis e que, cando fose pequena dabondo, podería levala consigo.
Eric Carle ofrece nesta obra un xogo de tamaños e direccións mediante un orixinal sistema de páxinas que se despregan en distintos sentidos: cara arriba, cara abaixo, cara aos lados e mesmo fóra do propio libro. Co seu estilo inconfundible, baseado na técnica da colaxe, o autor presenta unha proposta estética chea de colorido.á
- Binding Hard cover
- Author/s Carle, Eric
- ISBN13 9788413434087
- ISBN10 8413434084
- Pages 42
- Published 2025
Reviews and ratings
PAPA POR FAVOR ACHEGAME A LUA
- By
- Eric Carle
- |
- Kalandraka Editora (2025)
- 9788413434087



