Book Details
Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre?Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é escribir clásicos, hai neste libro relatos pioneiros, o primeiro en galego sobre a violencia de xénero, ?Terror na madrugada?, e sobre os fusilados do 75, ?A luz do día escura?, recollido en antoloxías en inglés.A escrita delicada, a atención á creación de ambientes, o diálogo cos textos literarios, son trazos da voz de Marilar Aleixandre que escolle o relato como no que máis goza escribindo.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Jiménez Aleixandre, Marilar
- ISBN13 9788411761796
- ISBN10 8411761797
- Pages 154
- Published 2024
Reviews and ratings
LOBOS NAS ILLAS
- By
- Marilar Jiménez Aleixandre
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411761796



