Book Details
Todas as linguas que existen no mundo posúen unha característica fundamental, cal é o feito de estaren a mudar constantemente: a adscrición social, o contexto, o espazo, a psicoloxía de cada falante, o tempo, o xénero etc. son factores que determinan diferentes tipoloxías de variacionismo lingüístico. O galego, que tamén coñece eses condicionantes de variación, tiña de contar cunha obra en que fosen estudados, centrándose na situación particular do noso idioma e nomeadamente na dimensión xeográfica. Por este motivo, Laiovento comprácese en dar a lume Lingua galega e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei, un estudo que cobre unha notábel lacuna ao non haber unha obra teórica destas características pensada para o galego.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Sánchez Rei, Xosé Manuel
- ISBN13 9788484872085
- ISBN10 8484872084
- Pages 662
- Published 2011
- Language Galician
Reviews and ratings
Lingua galega e variación dialectal (Galician)
- By
- Xosé Manuel Sánchez Rei
- |
- LAIOVENTO (2011)
- 9788484872085
- Series ENSAIO



