Book Details
Quedarei embarazada a primeira vez? Cal é o tamaño medio dun pene? Teño exceso de peso, que podo facer? Se probas un cigarrillo, xa te fas adicto? Como sabes se es gay? Canta cantidade de alcohol é razonable beber nunha festa? Este libro resposta a estas e moitas outras preguntas reais tiradas dos milleiros de e-mails recibidos na páxina web (teenagehealthfreak.org) que manteñen Aidan Macfarlane e Ann McPherson, autores tamén dos best sellers mundiais, traducidos ao galego e publicados dende hai trece anos por Xerais, ?O novo diario dun xove maniático? e ?Diario da outra maniática?. Preguntas e respostas sobre dores de cabeza e de corazón, como medrar e non deprimirse, anorexia e bulimia, hormonas e queixas paternas, sexo e drogas, furados e intimidacións e?, todo o que os adolescentes precisan saber sobre o corpo, o sexo e a vida. Se queres pasar un rato divertido e aprender unha chea de cousas, non o dubides: este é o teu libro.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Ann Hogue
- ISBN13 9788497821780
- ISBN10 8497821785
- Pages 216
- Published 2004
- Language Galician
Reviews and ratings
Guía para xoves maniáticos (Galician)
Todo o que queres saber sobre o teu corpo, o sexo e a vida
Read more - By
- Ann Hogue
- |
- Edicións Xerais (2004)
- 9788497821780



