Book Details
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemento e respecto polas tradicións, a importancia do esforzo, a valoración da lingua galega, a igualdade de xénero, o compañeirismo, a tolerancia, a xustiza, a paz, o coidado do medio ambiente, o fomento da lectura...A avoa sabe que «recordar é volver vivir».
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Blanco Blanco, Concha
- ISBN13 9788411104074
- ISBN10 8411104079
- Pages 104
- Published 2023
Reviews and ratings
EU TAMEN FUN PEQUENA
- By
- Concha Blanco Blanco
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411104074



