Book Details
Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto? Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escritos cun estilo directo e seco, onde hai espazo para o poético e o reflexivo, atopamos vidas urbanas condicionadas pola denominada Gran Recesión, onde a incerteza existencial parece traspasar tamén o eido afectivo e laboral.Un libro que pode ser a alegoría dun disco de rock do autor, con todas as súas porosidades e violencias contidas.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Perez, Abraham
- ISBN13 9788411765077
- ISBN10 8411765075
- Pages 202
- Published 2025
Reviews and ratings
A VIDA A ARDER
- By
- Abraham Perez
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411765077



