Book Details
"A árbore xenerosa" é un clásico de 1964 para lectores de todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexións e lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresada que non é correspondida en igual medida; a relación co noso planeta, constantemente agredido; a contraposición entre as necesidades materiais e o intanxible, para acadar a felicidade; e mesmo unha parábola da familia... O texto é unha sucesión dinámica de accións arredor da figura central da árbore que, ao longo do tempo, interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorre nesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura: dende a nenez, cando os dous xogaban; ata a idade adulta e a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre "querer" e "necesitar" como actitudes vitais. Sen pedir nin agardar nada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinal de identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s Silverstein, Shel
- ISBN13 9788484649625
- ISBN10 8484649628
- Pages 64
- Published 2015
- Language Galician
Reviews and ratings
A árbore xenerosa (Galician)
- By
- Shel Silverstein
- |
- Kalandraka Editora (2015)
- 9788484649625
- Series TRAS OS MONTES



