Manuel Lara Coira naceu no outono de 1950 en Ferrol (entón El Ferrol del Caudillo), provincia de La Coruña (agora A Coruña). É Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade da Coruña. Harmoniza o seu traballo como enxeñeiro coa docencia e co coleccionar de coñecementos inútiles, porque aínda cre que serve para algo o saber se o Himalaya é navegable. Atraído pola historia industrial, participou no verán do ano 2008 na creación de Buxa, Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia.
Lesen Sie mehr